Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30315

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Illa de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual número 5 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno deste concello, en sesión que tivo lugar o 5 de xullo de 2012, aprobou inicialmente a modificación puntual nº 5 do PXOM, o que, de acordo co disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, se expón ao público durante un prazo dun mes, contado desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, para os efectos de alegacións ou reclamacións.

O expediente estará á disposición dos interesados na Oficina de Urbanismo do concello.

A Illa de Arousa, 6 de xullo de 2012

José Manuel Vázquez Vázquez
Alcalde