Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, o estudo de impacto ambiental, o proxecto de execución, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Pico Seco, situado nos concellos de Lalín, Dozón (Pontevedra) e O Irixo (Ourense), e promovido por Aerogeneración Galicia, S.L. (expediente IN661A DXIEM-04/11).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; e tendo en conta o establecido no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos (modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo); e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia; así como na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública a solicitude formulada por Aerogeneración Galicia, S.L. para as instalacións que a seguir se describen:

Características xerais do parque eólico Pico Seco.

Peticionario: Aerogeneración Galicia, S.L.

Domicilio social: Polígono Industrial Lalín 2000, parcela C-26; 36500 Lalín.

Situación: concellos de Lalín, Dozón (Pontevedra) e O Irixo (Ourense).

Zona: 10.

Área de desenvolvemento eólico (ADE) I-10-6 (Pico Seco).

Poligonal de delimitación do parque

Posicións dos aeroxeradores

Vértice

UTM X

UTM Y

Aeroxeradores

UTM X

UTM Y

A

570.000

4.713.000

PS-01

573.018

4.712.203

B

573.500

4.713.000

PS-02

572.946

4.711.803

C

573.500

4.709.043

PS-03

572.603

4.711.973

D

570.000

4.709.043

PS-04

571.766

4.711.686

Coordenadas torre meteorolóxica

PS-05

571.455

4.711.834

TM

570.575

4.711.610,80

PS-06

571.173

4.711.963

PS-07

570.774

4.711.720

PS-08

570.217

4.711.339

PS-09

570.205

4.710.267

Potencia instalada: 27 mW.

Produción neta: 91.284 mWh/ano.

Horas equivalentes netas: 3.381.

Orzamento total: 29.581.747 euros.

As características técnicas principais das instalacións de xeración, transformación e interconexión do parque eólico son as seguintes:

• 9 aeroxeradores Vestas V-112 de 3.000 kW de potencia nominal unitaria cunha altura de buxeiro de 94 metros e cun diámetro de rotor de 112 metros.

• 9 centros de transformación, instalados unitariamente no interior da torre de cada aeroxerador, formados por transformadores de 3.350 kVA de potencia nominal, grupo de conexión Dyn11 e tensión 0,69/30 kV, celas de media tensión de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• 1 torre meteorolóxica autoportante de 100 metros de altura.

• Rede subterránea de media tensión (30 kV) distribuída en dous circuítos, con condutor tipo HEPRZ1 18/30 kV Al + H16/25, para a evacuación da enerxía xerada e interconexión entre os centros de transformación 0,69/30 kV e a subestación transformadora 30/132 kV.

• Subestación transformadora 132/30 kV, con edificio de control, transformador de potencia trifásico de 30/40 MVA ONAN/ONAF, transformador de servizos auxiliares de 100 kVA de potencia nominal e relación de transformación 30/0,4 kV, equipos de seccionamento, medida, protección, telemando e demais elementos auxiliares.

De acordo co disposto polo artigo 37.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e pola demais normas de aplicación, relacionadas no inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos:

• Proxecto de execución, para os efectos da súa aprobación e autorización administrativa das instalacións descritas.

• Estudo de impacto ambiental, para os efectos da formulación da declaración de impacto ambiental.

• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, para os efectos da súa aprobación.

• Relación de bens e dereitos afectados para os efectos da declaración de utilidade pública, que levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Estes documentos permanecerán expostos ao público e poderán examinarse, durante o prazo de 30 días contados a partir da última publicación desta resolución ou da súa notificación individual, nesta dirección xeral (Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta, 15781 Santiago de Compostela), e nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra (avda. Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra) e de Ourense (rúa Curros Enríquez, 1-4º, 32003 Ourense).

Para idénticos efectos, e durante o mesmo prazo, o proxecto sectorial poderá examinarse nos concellos de Lalín (praza do Concello, 1, 36500 Lalín), Dozón (Médico Fernando Martínez Iglesias s/n, 36518 Dozón) e O Irixo (A Ponte, 10, 32530 O Irixo) e o estudo de impacto ambiental neses mesmos concellos, na Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela) e nas xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra (avda. Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra) e Ourense (rúa Paseo, 18, 32003 Ourense).

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación que se insire como anexo desta resolución, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que no prazo e ante os órganos sinalados nos dous parágrafos anteriores poidan presentar as alegacións que consideren oportunas.

Esta publicación efectúase, así mesmo, en cumprimento do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para os efectos da notificación aos interesados cando estes sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese practicar.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2012

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico Pico Seco

missing image file
missing image file
missing image file