Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se declara a utilidade pública, en concreto, da instalación solar fotovoltaica de 2.900 kW denominada Seteventos I, titularidade de Solidaridad Solar, S.L.

Examinado o expediente instruído por pedimento de Solidaridad Solar, S.L., relativo á declaración, en concreto, da utilidade pública da instalación solar fotovoltaica de 2.900 kW denominada Seteventos I, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 11 de decembro de 2009, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas resolveu autorizar administrativamente, aprobar o proxecto de execución e incluír no réxime especial de produción de enerxía eléctrica unha instalación solar fotovoltaica de 2.900 kW denominada Seteventos I, titularidade de Solidaridad Solar, S.L.

Segundo. Con data 1 de febreiro de 2012, Solidaridad Solar, S.L. solicita a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación.

Terceiro. Con data do 10 de febreiro de 2012, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo informa da inexistencia de limitación para a imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica no caso da parcela afectada pola instalación eléctrica proxectada que se describe na relación de bens e dereitos afectados, para os efectos do disposto no artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Cuarto. Por Resolución do 20 de febreiro de 2012, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo someteu a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación solar fotovoltaica Seteventos I, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 28 de febreiro de 2012, no xornal El Progreso do 29 de febreiro de 2012, e no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 2 de marzo de 2012, que permaneceu exposta nos taboleiros de anuncios dos concellos de Pantón e O Saviñao. Asemade, notificouse individualmente ás persoas que figuran como titulares na relación de bens e dereitos afectados (RBDA).

Durante o período de información pública non se presentaron alegacións.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Consellería de Economía e Industria é a competente para resolver este procedemento, con fundamento no Decreto 79/2009, do 19 de abril, e a súa modificación no Decreto 1/2012, do 3 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e no Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, en relación co artigo 28 do Decreto 324/2009, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, que atribúe á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas a dirección, coordinación, planificación, execución, seguimento e control das competencias e funcións da consellería en materia de industria, seguranza industrial, solo industrial, metroloxía, metais preciosos, enerxía e minas.

Segundo. Na tramitación tivéronse en conta as normas de procedemento contidas na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas vixentes de aplicación.

De acordo co que antecede

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación solar fotovoltaica de 2.900 kW denominada Seteventos I, titularidade de Solidaridad Solar, S.L., segundo o previsto nos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, conforme o establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que achen pertinente.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2012

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas