Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30205

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 16 de xullo de 2012 sobre a aprobación definitiva da modificación puntual da normativa do Plan xeral de ordenación urbana do Concello de Ourense.

O Concello de Ourense eleva novamente, para a súa aprobación definitiva, o expediente da modificación puntual da normativa do Plan xeral de ordenación urbana (PXOU), de conformidade co previsto no artigo 85.7 da Lei, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

I. Antecedentes.

1. Con datas do 15.3.2012 e 2.7.2012, o conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas emitiu ordes de non aprobar a modificación puntual.

2. O Pleno do Concello, en sesión do 6 de xullo de 2012, aprobou provisionalmente a modificación puntual da normativa do PXOU, tras os informes municipais técnico e xurídico do 4.7.2012 e do secretario xeral do Pleno do 5.7.2012.

II. Consideracións e fundamentación.

Logo de analizar a documentación do expediente en relación coas observacións sinaladas na anterior Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 2.7.2012, e vista a proposta literal que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

A nova documentación corrixe as deficiencias atopadas no anterior documento, cubrindo as observacións formuladas no informe emitido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 27.4.2012.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral correspóndelle ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto nos artigos 89 e 93.4 da LOUG, e no artigo 1 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructura.

III. Resolución.

Visto o que antecede,

RESOLVO:

1. Outorgar a aprobación definitiva á modificación puntual da normativa do PXOM de Ourense, de acordo co punto 7.a) do artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

2. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3. De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o concello deberá publicar no Boletín Oficial da provincia a normativa e as ordenanzas da modificación aprobada definitivamente.

4. Notifíquese esta orde ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2012

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas