Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30192

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes, convocadas pola Resolución do 5 de xaneiro de 2012 e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Pola Resolución do 5 de xaneiro de 2012 da Secretaría Xeral da Igualdade (DOG núm. 17, do 25 de xaneiro), convocáronse as axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes para o ano 2012.

Segundo o artigo 10.4 das bases reguladoras, establecidas na Resolución do 10 de maio de 2011 (DOG núm. 96, do 19 de maio) e de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación individual das resolucións das axudas poderá ser substituída pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola comisión de valoración prevista no artigo 8 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as axudas e subvencións económicas para o financiamento das actuacións que se indican no anexo I, con indicación do programa cofinanciado, o tope de axuda ou tope de gasto subvencionable, a contía da concesión e o tipo de axuda e/ou tipo de gasto subvencionado, a favor das entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, como consecuencia da aplicación dos criterios establecidos no artigo 9 das bases reguladoras, por un importe total de 889.583,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 04.40.313B.481.2 (código de proxecto 2011 00104) dos orzamentos vixentes deste departamento. Estas axudas están cofinanciadas ao 80 % con fondos FSE no Programa operativo de Galicia 2007-2013, eixe 2 tema prioritario 71.

Segundo. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo II, con indicación da causa específica, por non cumprir o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 7 das bases reguladoras, ou ben por non cumprir os requisitos establecidos no artigo 1 das bases reguladoras ao tratarse de propostas carentes de todos os requisitos necesarios de definición e desenvolvemento exixidos para as accións dos programas e recursos para mulleres susceptibles de inclusión no ámbito da convocatoria.

Terceiro. De conformidade co artigo 17.2 das bases reguladoras realizarase un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, unha vez publicada a resolución de concesión. O 20 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da completa xustificación polas entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas na Resolución do 10 de maio de 2011.

Cuarto. Informar as entidades beneficiarias que a obtención de axuda comunitaria implica a aparición na lista pública de persoas beneficiarias que a autoridade de xestión do programa operativo publicará conforme o previsto no artigo 7.2.d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006 (DOUE L/45, do 15 de febreiro de 2007) e que na devandita lista figurarán os datos de identidade ou denominación social, das operacións e da contía de fondos públicos asignada a cada operación.

Quinto. A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou ente público ou privado. Non obstante, os gastos financiados ao abeiro da convocatoria non poderán acollerse a outras axudas procedentes do Fondo Social Europeo ou doutros fondos ou instrumentos financeiros comunitarios.

Sexto. A data límite de presentación da xustificación dos gastos efectuados será o 30 de novembro de 2012 e realizarase de acordo co establecido no artigo 16 das bases reguladoras. As entidades beneficiarias presentarán, conforme o disposto nese artigo, a documentación acreditativa que se sinala, nun único exemplar orixinal:

a) Solicitude de cobramento formulada no anexo IX (publicado na Resolución do 10 de maio de 2011, DOG do 19 maio).

b) Certificado de gasto realizado no anexo X (as entidades beneficiarias que teñan que incluír un elevado número de xustificantes poden optar por presentar este certificado no formulario oficial publicado na Resolución do 10 de maio de 2011, DOG do 19 de maio, ou ben nun elaborado por elas adaptado ao volume de documentos. Neste caso teñen que respectar exactamente o modelo sen excluír ningún dos datos nel exixidos, en caso contrario será rexeitado). Nesta certificación teñen que incluírse todos os gastos do proxecto segundo o indicado pola entidade na súa solicitude, independentemente de seren gastos subvencionables.

c) Declaración de axudas actualizada na data de xustificación no anexo V publicado na Resolución de 5 de xaneiro de 2012, DOG do 25 de xaneiro.

d) Memoria xustificativa en formato electrónico. A memoria elaborarase seguindo as indicacións fixadas nas bases reguladoras e xuntaráselle copia das enquisas de satisfacción cubertas polas mulleres beneficiarias das accións integradas do programa. Cada entidade beneficiaria elaborará e remitirá, por correo electrónico, o modelo de enquisa para a súa supervisión á Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade. Así mesmo, como documento anexo á memoria, as entidades beneficiarias incluirán a relación de mulleres beneficiarias que conterá os datos de identidade e residencia para os únicos efectos da realización das accións de control establecidas na normativa aplicable, consonte co disposto no artigo 6.4 das bases reguladoras.

e) Fotografías do lugar de realización da acción.

f) As entidades que sexan beneficiarias de axudas por ocupación presentarán, xunto coa documentación anterior, certificación de estadías na cal constará cada número de entrada co número de días de estadía correspondentes e a data de entrada e de saída, a certificación comprenderá as estadías atendidas entre o 1 de decembro de 2011 e o 30 de novembro de 2012 como máximo.

g) As entidades que sexan beneficiarias de axudas tipo incentivo presentarán, xunto cos documentos sinalados nas letras a), b), c), d), e), certificación do importe dos custos de persoal no anexo VIII publicado na Resolución do 5 de xaneiro de 2012, DOG do 25 de xaneiro e informe de vida laboral das persoas traballadoras que se inclúan nese certificado que reflicta a alta desde o inicio da contratación.

h) As entidades que sexan beneficiarias de subvención por gasto corrente e de persoal presentarán, xunto cos documentos sinalados nas letras a), b), c), d), e), as facturas orixinais (ou documentos de valor probatorio equivalente) acreditativas dos gastos correntes e de persoal subvencionables xunto cos xustificantes bancarios que acrediten o seu pagamento, presentaranse ordenadas conforme a relación clasificada dos gastos certificados e a cada unha xuntarase o correspondente xustificante de pagamento.

Os gastos que se subvencionarán deberán respectar o disposto na Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2007-2013 e na Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo, que a modifica e o establecido ao respecto nas bases reguladoras. En todo caso debe terse en conta que:

– Os gastos de persoal xustifícanse con nóminas pagadas, documentos de cotización á Seguridade Social pagados e documentos acreditativos da retención a conta do IRPF, na xustificación debe constar (preferentemente na memoria) a asignación da persoa ás tarefas, as súas funcións e competencias e o tempo desempeñado.

– Na xustificación de gastos de desprazamentos é necesario presentar a orde de servizo asinada pola persoa responsable da entidade onde se indiquen o motivo do desprazamento, a data e lugar, os datos de identidade da persoa que realiza o servizo, o custo deste co método de cálculo e o documento acreditativo do pagamento.

– Os gastos indirectos e xerais presentaranse xunto co documento en que a entidade estableceu, de acordo con principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas, o método, equitativo e xustificado, de rateo para a súa imputación de acordo co gasto real incorrido e na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a acción e sexan efectivamente necesarios para a súa execución, tendo en conta que as entidades son responsables da veracidade e exactitude dos custos xerais imputados, dos criterios de repartición empregados e de manter os rexistros e a documentación xustificativa soporte dos custos e dos cálculos á disposición dos órganos de control.

– Cando o programa fose financiado, ademais de coa subvención, con fondos propios ou outras axudas ou recursos, deberá acreditarse na xustificación o importe, procedencia e aplicación de tales fondos ao programa subvencionado.

– A data límite de xustificación é a data límite de realización de gastos e tamén a data límite de realización dos pagamentos dos ditos gastos, sen prexuízo do disposto no punto 2 do artigo 16 das bases reguladoras.

Sétimo. As entidades beneficiarias deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En concreto, deberán facer constar, na súa publicidade ou na información que xeren en relación co proxecto subvencionado, o financiamento das súas actuacións con fondos da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Igualdade e do Fondo Social Europeo. Para isto, no lugar onde se realicen as actuacións deberá figurar, de forma visible, un cartel informativo no cal aparezan os anagramas da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo en aplicación do disposto na normativa aplicable. Na páxina web oficial da Secretaría Xeral da Igualdade infórmase das características do dito cartel e dos logos e lendas de obrigada inclusión.

Cando o proxecto teña publicidade nun sitio da internet, deberán figurar na súa páxina de inicio e en lugar visible as citadas referencias; cando se materialice nunha aplicación informática deberán facerse as citadas referencias na zona de inicio ou menú principal da aplicación informática, así como na epígrafe de información da aplicación (axuda, acerca de ou similares).

Cando o proxecto dea lugar a documentación (manuais, cadernos, enquisas, folletos, notas informativas, CD-Rom) deberán constar na dita documentación as citadas referencias, que se colocarán na contraportada no caso das publicacións.

Oitavo. De acordo co disposto no artigo 18 das bases reguladoras, o incumprimento por parte das entidades beneficiarias de calquera das obrigas establecidas na normativa aplicable a estas subvencións, incluída a publicidade das accións subvencionadas dará lugar, logo de o oportuno expediente, á obriga de reintegrar a contía indebidamente percibida e aos xuros de demora correspondentes e, se é o caso, á perda do dereito ao cobramento das cantidades pendentes de percibir, conforme o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

Noveno. As entidades beneficiarias das subvencións adquiren os compromisos e obrigas que, de conformidade co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se establecen no artigo 13 das bases reguladoras, sen prexuízo das demais obrigas que resulten da normativa aplicable.

Décimo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a secretaria xeral da Igualdade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2012

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO I

Procedemento SI427A
Número expte.

Solicitante

(orde alfabético)

NIF

Programa

Tope de axuda

Ptos.

Importe concesión

Tipo de axuda/gasto subvencionable

1

2012/000061-0

Asociación Antonio Noche

G15210388

Atención a mulleres en situación de vulnerabilidade

21.700,00

70,00

21.700,00 €

Gasto corrente e de persoal

2

2012/000049-0

Asociación axuda ao toxicómano Érguete

G36642726

Programa de intervención socioeducativa para mulleres reclusas

22.400,00

56,00

20.832,00 €

Axuda por incentivo

3

2012/000050-0

Asociación ayuda a la vida AYUVI

G36802536

Programa tu puedes

11.100,00

66,00

10.878,00 €

Gasto corrente e de persoal

4

2012/000062-0

Asociación ayuda y atención al preso

G15414667

Programa de atención a mulleres reclusas

8.900,00

70,00

8.900,00 €

Gasto corrente e de persoal

5

2012/000014-0

Asociación de loita contra os malos tratos ALMAT

G15717721

Servizo de atención a vítimas

10.000,00

68,00

9.900,00 €

Gasto de persoal

6

2012/000013-0

Asociación de mulleres Algueirada de Manzaneda

G32354227

Servizo de apoio a mulleres maiores soas

12.800,00

56,00

11.904,00 €

Gasto de persoal

7

2012/000011-0

Asociación de mulleres Anel

G32207516

Servizo semas

29.100,00

61,00

27.645,00 €

Gasto de persoal e despraz.

8

2012/000078-0

Asociación de mulleres profesionais e autónomas de Galicia AMPAGA

G70251590

Programa ampo

7.000,00

29,00

5.530,00 €

Gasto de persoal

9

2012/000081-0

Asociación Dignidad Ferrol

G15500853

Programa a apoio a xestantes

10.200,00

55,00

9.384,00 €

Axuda por incentivo

10

2012/000055-0

Asociación Down Coruña

G15731466

Atención integral a mulleres con síndrome Down

14.400,00

43,00

12.384,00 €

Gasto de persoal

11

2012/000067-0

Asociación Down Ourense

G32311870

Programa de atención a mulleres con síndrome Down

7.600,00

45,00

6.612,00 €

Gasto de persoal

12

2012/000066-0

Asociación e-Integralia

G32412678

Programa muller integra

4.000,00

37,00

3.320,00 €

Gasto de persoal

13

2012/000002-0

Asociación empresarial de mulleres empresarias de Ourense

G32104663

Programa ame apoia III

5.300,00

56,00

4.929,00 €

Gasto de persoal

14

2012/000019-0

Asociación Íntegro para a diversidade funcional

G15173263

Servizo de información e ases para mulleres con diversidade funcional

12.900,00

37,00

10.707,00 €

Gasto de profesionais área muller

15

2012/000035-0

Asociación Labregas

G15945686

Programa de sensibilización, prevención social e dinamización comunitaria

30.000,00

55,00

27.600,00 €

Gasto de persoal

16

2012/000008-0

Asociación lucense de axuda a enfermos mentais ALUME

G27198977

Centro pluriasistencial para vítimas de violencia

35.200,00

70,00

35.200,00 €

Gasto corrente e de persoal

17

2012/000073-0

Asociación para a síndrome de Down «Down Pontevedra Xuntos»

G36164887

Proxecto de atención integral a mulleres con síndrome Down

10.200,00

28,00

7.956,00 €

Gasto de persoal

18

2012/000045-0

Asociación para a síndrome de Down «Down Vigo»

G36697324

Recursos de apoio e mellora de oportunidades na formación e inserción

18.800,00

47,00

16.544,00 €

Gasto de persoal

19

2012/000089-0

Asociación para a síndrome de Down de Lugo

G27202043

Servizo de atención integral a mulleres con discapacidade intelectual

13.500,00

50,00

12.150,00 €

Gasto de persoal

20

2012/000028-0

Asociación pro saúde mental A Creba

G15476310

Programa para mulleres con discapacidade no rural

20.600,00

57,00

19.158,00 €

Gasto de persoal

21

2012/000040-0

Asociación proxectos globais de inserción sociolaboral Alar Galicia

G15775901

Programa súmate 2012

14.000,00

35,00

11.480,00 €

Gasto de persoal

22

2012/000001-0

Asociación Rede mulleres veciñais contra os malos tratos

G36928646

Programa re-actívate

14.800,00

56,00

13.764,00 €

Gasto de persoal

23

2012/000054-0

Asociación RedMadre Coruña

G70180229

Servizo de intervención social para mulleres xestantes e lactantes

24.400,00

70,00

24.400,00 €

Axuda por incentivo

24

2012/000071-0

Asociación RedMadre Ourense

G32394082

Proxecto nais de apoio a embarazadas e nais lactantes

8.700,00

70,00

8.700,00 €

Gasto de persoal

25

2012/000085-0

Asociación RedMadre Pontevedra

G27707686

Programa de atención psicosocial a xestantes e lactantes nais 2012

22.800,00

70,00

22.800,00 €

Gasto de persoal

26

2012/000030-0

Asociación Rexurdir de actividades sociais

G36046241

Programa de atención a xestantes

4.300,00

27,00

3.354,00 €

Gasto de persoal

27

2012/000020-0

Asociación síndrome Down Teima

G15458060

Servizo de atención a xestantes

10.200,00

61,00

9.690,00 €

Gasto de persoal

28

2012/000086-0

Asociación sociocultural para a formación e emprego ASFEM

G27255108

Programa de apoio e acompañamento a mulleres inmigrantes

6.500,00

52,00

5.915,00 €

Gasto de persoal

29

2012/000075-0

Betania de Jesús Nazareno

R1500247J

Centro de acollida para mulleres (e os/as seus fillos/as) en situación de risco

36.200,00

70,00

36.200,00 €

Axuda por ocupación

30

2012/000052-0

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

R1500053B

Programa grávida

15.500,00

68,00

15.345,00 €

Gasto de persoal

31

2012/000080-0

Cáritas Diocesana Tui Vigo

R3600368I

Programa bolboreta

21.500,00

45,00

18.705,00 €

Gasto de persoal

32

2012/000010-0

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade COGAMI

G32115941

Servizo de atención especializada a mulleres con discapacidade

32.000,00

55,00

29.440,00 €

Gasto de persoal

33

2012/000025-0

Congregación Hijas del Divino Celo

R0800037D

Centro de acollida para mulleres (e os/as seus fillos/as) en situación de vulnerabilidade

19.800,00

66,00

19.404,00 €

Gasto corrente e de persoal

34

2012/000007-0

Congregación Religiosas Siervas de la Pasión

R0800086A

Centro de atención a xestantes

40.000,00

65,00

38.800,00 €

Axuda por ocupación

35

2012/000065-0

Entidade prestadora de servizos CIMO

G32010449

Clube de emprego de mulleres reclusas e exreclusas

3.200,00

65,00

3.104,00 €

Gasto de persoal

36

2012/000012-0

Federación de asociacións de mulleres Anaral

G32362279

Servizo de apoio a mulleres maiores soas

22.900,00

62,00

21.984,00 €

Gasto de persoal

37

2012/000022-0

Federación de asociacións de xordos do país galego FAXPG

G15068091

Recursos de apoio a mulleres con discapacidade auditiva e visual

29.000,00

64,00

28.130,00 €

Gasto de persoal

38

2012/000079-0

Federación de autónomos de Galicia FEAGA

V15440639

Programa paimega

21.100,00

29,00

16.669,00 €

Gasto de persoal

39

2012/000092-0

Federación de mulleres rurais de Ourense FEMURO

G32237869

Programa concilia e emprega

17.500,00

64,00

16.975,00 €

Gasto de persoal

40

2012/000033-0

Federación EFA Galicia

G15299357

Programa mulleres con proxecto

33.000,00

56,00

30.690,00 €

Gasto de persoal

41

2012/000034-0

Federación galega de institucións para a síndrome Down «Down Galicia»

G15665144

Información, asesoramento e orientación laboral a mulleres con discapacidade intelectual

15.600,00

43,00

13.416,00 €

Gasto de persoal

42

2012/000009-0

Federación galega de redeiras artesás O Peirao

G15969868

Programa entreredeiras

10.100,00

32,00

8.080,00 €

Gasto de persoal

43

2012/000032-0

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

Programa de apoio a vítimas de violencia

36.400,00

69,00

36.036,00 €

Gasto de persoal

44

2012/000024-0

Fundación Down Compostela

G70040258

Programa de habilidades adaptativas

9.100,00

45,00

7.917,00 €

Gasto de persoal

45

2012/000017-0

Fundación Érguete Integración

G36861078

Proxecto eva

12.900,00

69,00

12.771,00 €

Gasto corrente e de persoal

46

2012/000037-0

Fundación Monte do Gozo Proxecto home Galicia

G15258213

Programa de axuda a mulleres en risco de exclusión

16.600,00

47,00

14.608,00 €

Gasto de persoal

47

2012/000060-0

Fundación Ronsel

G15752660

Programa Xerentas

11.900,00

50,00

10.710,00 €

Gasto de persoal

48

2012/000087-0

Fundación Secretariado Gitano

G83117374

Promoción da muller xitana

5.300,00

52,00

4.823,00 €

Gasto de persoal

49

2012/000083-0

Fundación Universidade da Coruña

G15597289

Programa assessment week

30.500,00

61,00

28.975,00 €

Gasto de persoal e axuda por incentivo

50

2012/000088-0

HH.TT.FF.Rebaño de María Obra social «Si a la Vida»

R1100013J

Proxecto si a la vida

15.600,00

70,00

15.600,00 €

Gasto de persoal

51

2012/000041-0

ONG Aliad-Ultreia

G27021120

Proxecto donas

8.600,00

66,00

8.428,00 €

Gasto de persoal

52

2012/000059-0

ONG Mestura

G15940414

Programa ne-nei-ras

14.900,00

70,00

14.900,00 €

Gasto corrente e de persoal

53

2012/000058-0

ONGd Ecos do Sur

G15354483

Programa apoio a nais

21.500,00

70,00

21.500,00 €

Gasto de persoal

54

2012/000036-0

Sindicato labrego galego SLG-secretaría das mulleres

G27023951

Programa punto delas

29.500,00

53,00

26.845,00 €

Gasto de persoal

55

2012/000023-0

Unión Xeral de Traballadores de Galicia UXT

G15383011

Servizo de atención a mulleres xestantes

7.200,00

43,00

6.192,00 €

Gasto de persoal

ANEXO II

Procedemento SI427A

Número expte.

Entidade solicitante

(orde alfabético)

NIF

Causas

1

2012/000015-0

Asociación ANDREA

G36504207

Art. 1 convocatoria e 3 das bases reguladoras: entidade non rexistrada na área de igualdade do rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais

2

2012/000004-0

Asociación amigos da cultura e do ocio Aires Nosos

G32369696

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

3

2012/000003-0

Asociación de axuda ao toxicómano Rexurdir Provincial

G36208387

Art. 1 convocatoria e 3 das bases reguladoras: centro non autorizado segundo o rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais

4

2012/000077-0

Asociación de empresarias profesionais e emprendedoras da comarca de Ferrol AECOFE

G70036488

Art 7.3 das bases reguladoras: incumprimento do requisito de emenda e/ou achega da documentación requirida no prazo establecido

5

2012/000043-0

Asociación de familias de persoas con discapacidade psíquica Amicos

G15747678

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

6

2012/000026-0

Asociación de mulleres Pedra Vella

G36837433

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

7

2012/000068-0

Asociación de mulleres rurais Alumear’

G32350555

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

8

2012/000084-0

Asociación de persoas xordas de Ourense

G32015463

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

9

2012/000046-0

Asociación española contra o cancro AECC

G28197564

Art 7.3 das bases reguladoras: incumprimento do requisito de emenda e/ou achega da documentación requirida no prazo establecido

10

2012/000072-0

Asociación Española Contra o Cancro Xunta Provincial

G28197564

Art 7.3 das bases reguladoras: incumprimento do requisito de emenda e/ou achega da documentación requirida no prazo establecido

11

2012/000070-0

Asociación fibromialxia e fatiga crónica AFFOU

G32303802

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

12

2012/000053-0

Asociación Mirabal

G70312954

Art 7.3 das bases reguladoras: incumprimento do requisito de emenda e/ou achega da documentación requirida no prazo establecido

13

2012/000048-0

Asociación mulleres empresarias da provincia de Lugo AELU

G27105220

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables no período de referencia

14

2012/000063-0

Asociación mulleres separadas e divorciadas de Ourense

G32152563

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

15

2012/000031-0

Asociación pais de persoas con discapacidade intelectual ASPAS

G15031537

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables no período de referencia

16

2012/000042-0

Asociación para xoves con capacidades psíquicas reducidas Integrados

G15973357

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

17

2012/000064-0

Asociación Prevención da exclusión social APES

G32383549

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

18

2012/000005-0

Asociación promoción integración gitana

G27017987

Art. 7.3 das bases reguladoras: incumprimento do requisito de emenda e/ou achega da documentación requirida no prazo establecido

19

2012/000029-0

Asociación Tempus

G15681000

Art. 7.3 das bases reguladoras: incumprimento do requisito de emenda e/ou achega da documentación requirida no prazo establecido

20

2012/000044-0

Asociación viguesa de alcohología

G36627453

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

21

2012/000021-0

Asociación viudas María Andrea

G32014334

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

22

2012/000069-0

Asociación Xarela Formación Animación

G32261307

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

23

2012/000016-0

Cáritas Diocesana de Ourense

R3200098F

Art. 2 das bases reguladoras e demais normas aplicables: concorrencia con incompatibilidade de axudas do propio departamento

24

2012/000039-0

Cáritas Interparroquial da Coruña

R1500053B

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

25

2012/000027-0

Centro cultural A. R. Valladares

G36617082

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

26

2012/000006-0

Centro de desenvolvemento rural Portas Abertas

G32122384

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

27

2012/000047-0

Congregación de R.R. Adoratrices

R3200065E

Art. 2 das bases reguladoras e demais normas aplicables: concorrencia con incompatibilidade de axudas do propio departamento

28

2012/000056-0

Cruz Vermella Española

Q2866001G

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

29

2012/000051-0

Federación asociacións de mulleres rurais de Galicia FADEMUR

G70101647

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

30

2012/000074-0

Fundación Amigos de la Barrera

G32321978

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

31

2012/000057-0

Fundación Canaria Radio Ecca

G35103431

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

32

2012/000076-0

Fundación Ferrol Metrópoli

G15743719

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

33

2012/000018-0

Fundación para el desarrollo de la empleabilidad y la formación FUNDEFO

G15859689

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

34

2012/000090-0

Fundación Preescolar na casa

G27268689

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

35

2012/000038-0

ONG Médicos do Mundo Galicia

G79408852

Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos de definición e desenvolvemento das accións subvencionables

36

2012/000082-0

Patronato Concepción Arenal

G15030372

Art 7.3 das bases reguladoras: incumprimento do requisito de emenda e/ou achega da documentación requirida no prazo establecido