Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 13 de xuño de 2012 pola que se autoriza a transmisión mortis causa e prórroga dun establecemento de cultivos mariños.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión do establecemento que se cita a continuación e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 15.2.2000, Marina Mayán Rubio (DNI 33258978-N), como herdeira do titular, solicita o cambio de titularidade da concesión administrativa dun parque de cultivo.

Segundo. A interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. No expediente consta a seguinte documentación, referida ao resultado da información oficial:

– Informe do 21.1.2011, da Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia, de inspección do parque de cultivo.

– Proposta da Demarcación de Costas en Galicia, con data do 27.7.2011, favorable ao outorgamento do cambio de dominio e prórroga da concesión, co establecemento do canon de ocupación do dominio público.

– Escrito da Demarcación de Costas en Galicia, de data do 28.5.2012, que aclara o vencemento do prazo de extinción da concesión.

– Informe técnico biolóxico do 12.6.2012, da Xefatura Comarcal de Ribeira da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Marina Mayán Rubio (DNI 33258978-N), do título administrativo habilitante e prorrogar a súa vixencia ata o 29 de xullo de 2018 do establecemento de cultivos mariños (parque de cultivo), que se relaciona a continuación:

Tipo: parque de cultivo.

Especies: ameixa fina, ameixa babosa, ameixa xaponesa e berberecho.

Localización: lugar de Coiteliños, entre pta. Sebeira e praia de Sertaxes, termo municipal de Rianxo, A Coruña.

Título habilitante: concesión.

Data do outorgamento: Orde ministerial do 30.11.1956 (BOE nº 5, do 2 de xaneiro de 1957) e Orde ministerial 7/1975, do 23 de xaneiro (BOE nº 42, do 18 de febreiro).

Superficie dominio público: 800 m2.

Remate da vixencia: 29.7.2018.

Titular: José Ramón Mayán Rey.

Nova titular: Marina Mayán Rubio (DNI 33258978-N)

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A nova titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da solicitude ou carta de pagamento do imposto de sucesións e doazóns ou do imposto de transmisión patrimoniais, de ser o caso. Transcorrido o prazo indicado sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Segunda. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas do anterior concesionario.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 13 de xuño de 2012

P.D. (Resolución 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de coordinación da Área do Mar na Coruña