Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 180/2012-C, interposto pola comunidade do monte veciñal en man común Serra e Ladeiras, no concello da Rúa (Ourense).

Nesta xefatura territorial recibiuse escrito do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 180/2012-C, interposto pola comunidade do monte veciñal en man común Serra e Ladeiras, no concello da Rúa (Ourense), contra o convenio número 321/5521 do 14 de outubro de 1985, da daquela Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación (Dirección Xeral do Forestal e do Medio Ambiente Natural) da Xunta de Galicia.

En consecuencia, esta xefatura territorial acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos seguidos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 18 de xullo de 2012

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Xefe territorial de Ourense