Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2012 Páx. 30024

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Amaro

ANUNCIO de información pública (delimitación de solo de As Quintas).

Incoado expediente, por instancia de José María Alvarez Soliño de delimitación de solo de núcleo rural das Quintas, parroquia de Salamonde (San Amaro), de conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, na redacción dada a ela pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, queda aberto un período de información pública durante o prazo dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no DOG e nos xornais Faro de Vigo e La Región. No caso de producirse a inserción en datas diferentes, o prazo computará desde a última publicación. O proxecto e o expediente da súa razón encóntranse de manifesto na Secretaría Xeral do Concello, onde poden ser consultados de luns a venres en horario de 9.30 a 13.30 horas.

San Amaro, 16 de xullo de 2012

Ernesto Pérez González
Alcalde