Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2012 Páx. 30025

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento.

Mediante este anuncio faise público que o Pleno deste concello, na súa sesión do 7 de xullo de 2012, adoptou o acordo seguinte:

«1º. Aprobar inicialmente a modificación das normas subsidiarias municipais de planeamento urbanístico deste concello, para corrección do erro consistente na omisión da delimitación do núcleo rural da Esperanza, na parroquia de Santa Mariña do Monte, nos termos que constan no expediente.

2º. Abrir un período de información pública durante dous meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do concello e no Diario Oficial de Galicia, e ademais, nos xornais Diario de Ferrol e La Voz de Galicia. Durante o devandito período o expediente, con todos os documentos, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, quedará á disposición de calquera que queira examinalo para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

3º. Suspender o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto da modificación do planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente; A duración da suspensión será dun ano. As áreas afectadas pola suspensión son as afectadas pola corrección do erro de que se trata. Esta suspensión publicarase conxuntamente coa aprobación inicial.»

San Sadurniño, 18 de xullo de 2012.

Secundino García Casal
Alcalde