Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2012 Páx. 30026

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de procedemento aberto para a contratación administrativa especial da prestación do servizo denominado escola de equitación da Deputación de Ourense.

No perfil de contratante da Deputación Provincial de Ourense, na páxina web
www.depourense.es, publícanse íntegros os pregos de condicións para proceder á contratación administrativa especial da prestación do servizo denominado escola de equitación da Deputación de Ourense. As proposicións presentaranse ata as 14 horas do vixésimo día (20º) natural seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XI do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32 ou por teléfono: 988 38 52 02 e fax: 988 38 51 84, o na páxina web da Deputación www.depourense.es.

Ourense, 3 de xullo de 2012

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense