Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2012 Páx. 30023

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abadín

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do expediente de delimitación do Barral (Castromaior).

A Xunta de Goberno Local do concello de Abadín, na sesión que tivo lugar o pasado día 18 de xullo de 2012, aprobou inicialmente o expediente de delimitación do núcleo rural de O Barral, na parroquia de Castromaior, pertencente ao termo municipal de Abadín.

De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, na redacción dada a esta pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e El Progreso de Lugo. No caso de producirse a inserción en datas diferentes, o prazo computará dende a última publicación.

Durante este prazo poderá examinarse o dito expediente, na Secretaría deste concello, de luns a venres, das 9,00 a 14,00 horas.

Abadín, 19 de xullo de 2012

José Mª López Rancaño
Alcalde