Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2012 Páx. 29927

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 6 de xullo de 2012 pola que se autoriza a apertura e o funcionamento do centro privado Fesán II, do concello de Lugo.

O representante da titularidade do CPR Fesán II, do concello de Lugo, solicita a súa apertura e funcionamento para impartir o ciclo formativo de grao superior de Educación infantil, en queda de mañá e de tarde-noite.

A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Lugo achega o expediente cos correspondentes informes de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a apertura e funcionamento do CPR Fesán II, do concello de Lugo, para impartir o ciclo formativo de grao superior de Educación infantil. Os datos do centro que se autoriza son os que se sinalan a continuación:

Denominación: CPR Fesán II.

Código do centro: 27020914.

Domicilio: r/ Vila Verde, 25 baixo.

Localidade: Lugo.

Concello: Lugo.

Provincia: Lugo.

Titular: Fundación de Estudios e Análises (Fesán).

Ensinanzas que se autorizan:

Quenda de mañá:

1 ciclo formativo de grao superior de Educación infantil (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

Quenda de tarde-noite:

1 ciclo formativo de grao superior de Educación infantil (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

Terceiro. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan a Xefatura Territorial de Lugo, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria