Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2012 Páx. 30009

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 4 de xullo de 2012 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 15R001-3-2012.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e despois de intentada a notificación personal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo instrutor do procedemento.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, 1-5 baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2012

Mª Nava Castro Domínguez
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 15R001-3-2012.

Interesado: Carma Tintorería, S.C.

CIF: J15704331.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente.