Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2012 Páx. 30008

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 15 de xuño de 2012, da Zona Centro de Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada polo concello de Ribeira para a construción dun novo mercado municipal (expediente 12-48-11-C-3).

Estase a tramitar unha concesión administrativa para a construción en superficie de dominio público portuario de Ribeira dun novo mercado municipal por parte do concello de Ribeira, segundo o proxecto de construción de título Proxecto de execución do novo mercado municipal de Ribeira, asinado polo arquitecto Celso López Martín o 6 de marzo de 2012.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web: www.portosdegalicia.es/gl/documentacion/pregos-e-documentos.html

A Coruña, 15 de xuño de 2012

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da Zona Centro de Portos de Galicia