Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2012 Páx. 30006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2012 pola que se anuncia a formalización da contratación da adquisición da nova versión e licenza dos produtos software da plataforma de desenvolvemento LION, polo procedemento negociado sen publicidade.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.

c) Número de expediente: 12-016.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición da nova versión e licenza dos productos software da plataforma de desenvolvemento LION.

c) CPV: 48218000-9.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación:

e) Data de publicación do anuncio de licitación: sen publicidade.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado.

c) Sen publicidade.

4. Valor estimado do contrato: 196.423,73 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 196.423,73 euros. Importe total: 231.780,00 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 20.6.2012.

b) Data de formalización do contrato: 22.6.2012.

c) Contratista: Asysco Software Spain, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación: Importe neto: 196.423,73 euros. Importe total: 231.780,00 euros.

e) Ventaxas da oferta adxudicataria: única empresa que cumpre todas as condicións exixidas no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2012

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable