Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2012 Páx. 30010

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2012 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación de servizos de desenvolvemento e mantemento do sistema de xestión de procedementos e o servizo da oficina de sistemas do Igape.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase procedemento aberto para a contratación de servizos de desenvolvemento e mantemento do sistema de xestión de procedementos e o servizo da oficina de sistemas do Igape.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 3/12.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizos de desenvolvemento e mantemento do sistema de xestión de procedementos e o servizo da oficina de sistemas do Igape.

b) División por lotes e número:

Lote

Obxecto

1

Servizos de desenvolvemento de aplicacións informáticas

2

Servizos de mantemento de aplicacións informáticas

3

Servizos de oficina de sistemas

c) Lugar de execución: para os lotes 1 e 3 o lugar de execución serán nas instalacións da contratista e o lote 2 poderase executar nas instalacións do Igape en Santiago de Compostela, por demanda deste, xa que se trata dun servizo de mantemento dos sistemas que require asistencia in situ.

Lugar de entrega da documentación e informes: oficina do Igape en Santiago de Compostela.

d) Prazo de vixencia (meses):

A vixencia inicial será de 24 meses, e poderá prorrogarse por outros 24 meses máis, previo acordo expreso das partes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 1.631.168 € (un millón seiscentos trinta e un mil cento sesenta e oito euros) máis imposto sobre o valor engadido (IVE) de 293.610,24 € (douscentos noventa e tres mil seiscentos dez euros con vinte e catro céntimos), total de 1.924.778,24 € (un millón novecentos vinte e catro mil setecentos setenta e oito euros con vinte e catro céntimos), correspondendo 815.584 € (oitocentos quince mil cincocentos oitenta e catro euros) máis 146.805,12 (cento corenta e seis mil oitocentos cinco euros con doce céntimos) de IVE, total de 962.389,12 € (novecentos sesenta e dous mil trescentos oitenta e nove euros con doce céntimos), ao prazo de vixencia inicial (24 meses) e 815.584 € (oitocentos quince mil cincocentos oitenta e catro euros) máis 146.805,12 (cento corenta e seis mil oitocentos cinco euros con doce céntimos) de IVE, total de 962.389,12 € (novecentos sesenta e dous mil trescentos oitenta e nove euros con doce céntimos), ao da posible prórroga (24 meses), coa seguinte desagregación por lotes e prezos/hora máximos unitarios:

– Lote 1:

Perfil

Importe máximo unitario sen IVE

IVE

Total unitario

Xefe de proxectos

47,00 €/h

8,46 €

55,46 €/h

Analista funcional

35,00 €/h

6,30 €

41,30 €/h

Analista programador

31,00 €/h

5,58 €

36,58 €/h

– Lote 2:

Perfil

Importe máximo unitario sen IVE

IVE

Total unitario

Xefe de proxectos

47,00 €/h

8,46 €

55,46 €/h

Analista funcional

35,00 €/h

6,30 €

41,30 €/h

Programador

27,00 €/h

4,86 €

31,86 €/h

– Lote 3:

Perfil

Importe máximo unitario sen IVE

IVE

Total unitario

Consultor sénior

47,00 €/h

8,46 €

55,46 €/h

Analista de sistemas

36,00 €/h

6,48 €

42,48 €/h

Lote

Importe do lote sen IVE

IVE

Importe total do lote

Lote 1: servizos de desenvolvemento de aplicacións informáticas

254.144,00 €

45.745,92 €

299.889,92 €

Lote 2: servizos de mantemento de aplicacións informáticas

449.856,00 €

80.974,08 €

530.830,08 €

Lote 3: servizos de oficina de sistemas

111.584,00 €

20.085,12 €

131.669,12 €

5. Garantía provisional: non procede.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso: (grupos, subgrupos e categoría). No caso de presentar oferta para os lotes 1 e 2 xuntos ou por separado ou o lote 3 xunto con algún lote máis, a licitante deberá dispor da clasificación no grupo V, subgrupo 2, segundo as categorías especificadas en función dos lotes na letra D da folla de especificacións.

Respecto das empresas non españolas de Estados membros da Comunidade Europea, observarase o disposto nos artigos 65.1 e 84 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro (TRCLSP) e no artigo 9 do RXLCAP.

b) Solvencia económico-financeira e técnica:

No caso de presentar unicamente oferta ao lote 3, deberá presentar declaración relativa á cifra de negocios global correspondente aos tres últimos exercicios, ou prazo inferior, se é o caso, ou informe de institución financeira acreditativo da súa solvencia económica para a execución do contrato en cuestión.

Acreditación da solvencia técnica: para o lote 3, así como para os restantes lotes (neste caso ademais da clasificación exixida na letra D), deberá achegar o compromiso de adscribir á execución do contrato un equipo técnico cos mínimos por lote sinalados na letra C da folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 17.8.2012.

b) Documentación que se deberá presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciando ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou e-mail conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de Correos.

d) Prazo mínimo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: a apertura dos sobres B (parte das ofertas técnicas non avaliable mediante fórmulas) será o día 10.9.2012 ás 10.30 h.

A apertura dos sobres C (parte das ofertas técnicas avaliable mediante fórmulas e oferta económica) será o día 27.9.2012 ás 10.30.

10. Criterios de adxudicación. Aplicables para todos os lotes.

Criterio

Valoración

Prezo

40%

Calidade derivada dos coñecementos do equipo técnico no contorno tecnolóxico

25%

Calidade derivada dos coñecementos do equipo técnico no contono funcional

20%

Mellora de horas adicionais ofertadas (por lote)

10%

Calidade derivada da formación do equipo técnico

5%

Calidade global da oferta (aplicable sobre os criterios de coñecemento do contorno tecnolóxico e funcional)

11. Outras informacións.

O persoal do equipo designado pola adxudicataria na súa oferta para cada lote non poderá ser substituído salvo casos de forza maior ou desvinculación laboral do persoal, e establécese este requisito como condición esencial do contrato. En todo o caso a substitución será por unha persoa de experiencia equivalente ou superior á da substituída, e deberá contar coa autorización do Igape.

Á parte das causas xerais legalmente establecidas, será tamén causa de resolución de contrato a falta da empresa en achegar persoas coa cualificación ofertada para un determinado perfil, así como a falta de correspondencia dos coñecementos do equipo comprometido cos que efectivamente se demostren durante a execución do contrato.

En atención á natureza dos servizos contratados, os medios persoais concretamente ofertados para a execución da prestación intégranse especificamente na oferta mesma, tendo a súa capacidade, formación e experiencia relevancia esencial na calidade e valor técnico da oferta.

12. Gastos de anuncios: 3.500 € máximo. Serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (de ser o caso).

14. De ser o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos: www.igape.es/contratacion

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2012

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica