Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29624

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 4 de xullo de 2012 pola que se extingue a autorización do centro privado Madre de Dios, do concello de Barbadás (Ourense), por cesamento de actividades docentes.

A representante da titularidade do centro privado Madre de Dios, do concello de Barbadás (Ourense), solicita a extinción da autorización por cesamento de actividades.

A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, emite o correspondente informe de conformidade co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Extinguir de conformidade co artigo 17.1 do Decreto 133/1995, por cesamento nas súas actividades docentes, por instancia da titularidade do centro, a autorización do centro privado que se sinala a continuación:

Denominación: CPR Madre de Dios.

Código do centro: 32001610.

Domicilio: r/ Convento nº 8.

Concello: Barbadás.

Provincia: Ourense.

Titular: Esclavas de la Santísima Eucaristía y de la Madre de Dios.

Ensinanzas que se extinguen: todas as autorizadas de educación infantil e primaria.

Segundo. A presente extinción da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, con efectos do 1 de setembro de 2012.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria