Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29661

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade á extinción dunha autorización ambiental integrada outorgada.

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), artigo 23, número 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as que se outorgaron ou modificaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á resolución mediante a que se extingue a autorización ambiental integrada outorgada a Bunge Ibérica, S.A. para unha planta de procesamento de faba de soia en Culleredo (A Coruña). Clave 2006/0305_NAA/IPPC.

O texto da citada resolución poderase consultar no seguinte enderezo:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781).

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental