Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 2 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, polo que se notifica a resolución do inicio do procedemento de cancelación da Inscrición no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.

Con data do 1 de xuño de 2012 o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE ditou resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación, non foi posible practicala por vir devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, en aplicación do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede a súa notificación por medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello do último domicilio coñecido e no Diario Oficial de Galicia.

A resolución completa poderá ser examinada na Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, rúa dos Feáns, 5 baixo de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, cabe trámite de audiencia nun prazo de 10 días de acordo co artigo 76.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2012

Jesús María Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Nº expediente

Representante legal

Enderezo

Entidade

Data e sentido da resolución

PR 805 A 2007/17-0 ONGD nº 151

Digafe Kassa Yimer

Enrique X. Macías 9, 5º C

36203 Vigo. Pontevedra

Asociación Tena

1.6.2012

Iniciación cancelación inscrición no Rexistro Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento

Expediente de cancelación de inscrición no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento: PR 805 A 2007/17-0 ONGD nº 151

Destinatario da notificación: Asociación Tena.

CIF/NIF nº: G36988053.

Último enderezo coñecido: Enrique X. Macías 9, 5º C, 36203 Vigo, Pontevedra.

Data da resolución: 1 de xuño de 2012.

Sentido da resolución: iniciación cancelación inscrición no Rexistro Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.