Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2012 Páx. 29138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2012 pola que se somete ao trámite de información pública o Plan de mobilidade viaria da península do Morrazo, xunto co proxecto de trazado de conversión en autovía do corredor do Morrazo CG-4-1, treito enlace de Rande-enlace de Cangas, e o proxecto de trazado e impacto ambiental das variantes de Cangas e Moaña.

Actualmente a Axencia Galega de Infraestruturas ten planificadas diversas actuacións na península do Morrazo con diverso grao de actuación. Para acadar unha visión de conxunto, evitar duplicacións e análises parciais, convén someter ó trámite de información pública conxunta as actuacións previstas:

1. Plan de mobilidade viaria da península do Morrazo.

2. Conversión en autovía do corredor do Morrazo CG-4-1. Treito: enlace de Rande-enlace de Cangas.

3. Variantes de Cangas e Moaña.

O Plan de mobilidade viaria da península do Morrazo, a través da diagnose da situación actual da rede e a definición de obxectivos, establece as actuacións prioritarias para mellorar a mobilidade na zona.

1. O proxecto de trazado da obra de conversión en autovía do corredor do Morrazo CG-4-1. Treito: enlace de Rande-enlace de Cangas, clave PO/12/070.01, foi aprobado provisionalmente por Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 14 de xuño de 2012.

A Xunta considera fundamental a actuación de desdobramento do corredor do Morrazo para solventar os problemas de capacidade e seguridade viaria do corredor e mellorar a estrutura territorial de comunicacións da comarca do Morrazo co eixo atlántico. A solución que se vai desenvolver toma como base o definido no proxecto de trazado da obra desdobramento do corredor CG-4-1 do Morrazo, clave PO/07/047.01, realizándolle unha serie de modificacións de trazado, para contar cunha alternativa máis optimizada. Así mesmo, aínda que a solución que agora se propón ten un menor impacto ambiental que a solución inicial, que non foi necesario someter ao trámite de avaliación de impacto ambiental, por Resolución do 30 de xullo de 2009, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, simultaneamente e para maior garantía procesual desta información pública, estanse a tramitar as consultas ambientais previas pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

O obxecto do presente proxecto de trazado consiste na primeira fase de execución da duplicación da calzada do actual corredor do Morrazo CG-4-1, que vai desde o seu inicio en Rande (no enlace de conexión coa autopista AP-9 e as estradas PO-551 e N-554) ata o quilómetro 11,1 do enlace de Cangas coa VG-4.5.

2. O proxecto de trazado e impacto ambiental da obra variantes de Cangas e Moaña, clave PO/07/220.01, foi aprobado provisionalmente por Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 10 de xullo de de 2012.

Os viais desenvolvidos neste proxecto xorden da necesidade de reordenar o tráfico existente que actualmente transita pola estrada PO-551 (entre a N-554 en Rande e Bueu), que atravesa os núcleos de Moaña e Cangas, cun entorno moi densamente poboado e con frecuente presenza de edificacións en ambas marxes da estrada. Os viais definidos neste proxecto xustifícanse por supor unha mellora significativa nas comunicacións dos concellos de Cangas e Moaña, xerando unha considerable mellora na seguridade vial, fluidez nos desprazamentos, redución dos tempos de percorrido e incremento da calidade de vida dos veciños do entorno, ao tempo que se integran adecuadamente no planeamento previsto e complementan o corredor do Morrazo.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. Someter a consultas o Plan de mobilidade da península do Morrazo para os efectos de determinar as actuacións viarias a executar.

Segundo. Someter ao trámite de información pública segundo o determinado no artigo 15.1 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, os proxectos de trazado de conversión en autovía do corredor do Morrazo CG-4-1. Treito: enlace de Rande-enlace de Cangas, clave PO/12/070.01 e das variantes de Cangas e Moaña, de clave PO/07/220.01.

Terceiro. Así mesmo, durante este período sométese ao trámite de información pública o estudo de impacto ambiental das variantes de Cangas e Moaña, segundo o disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia e no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos.

Cuarto. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se somete a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización das obras correspondentes aos proxectos de trazado das obras de referencia, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos nas relacións anexas.

Quinto. O período de información pública será de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; estando os proxectos de trazado expostos ao público nas oficinas da Axencia Galega de Infraestruturas en Santiago de Compostela, no Servizo da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra e nos concellos de Cangas e Moaña. A exposición do Plan de mobilidade viaria realizarase nas oficinas da Axencia Galega de Infraestruturas en Santiago de Compostela, no Servizo da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra e nos concellos de Cangas, Moaña, Bueu, Marín, Pontevedra e Vilaboa.

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas), atópase a disposición dos interesados un documento resumo dos referenciados proxectos.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2012

Ethel Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file