Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2012 Páx. 29217

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO de información pública sobre apertura e funcionamento de centro de mantemento e control para parques eólicos.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente que se tramita por instancia de Energea Servicios y Mantenimiento, S.L. (CIF B156143577), para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de centro de mantemento e control para parques eólicos que se vai situar no polígono industrial – parcela 14 sur, parroquia de Oroso deste termo municipal. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que considere oportunas.

A Cañiza, 28 de xuño de 2012

Miguel A. Domínguez Alfonso
Alcalde