Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2012 Páx. 29132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Foz (expediente IN407A 2012/41-2-8010 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Solvia Development, S.L.

Domicilio social: r/ Sena, nº 12, P.I.A.E. Can Sant Joan, 08174 Sant Cugat del Vallés, Barcelona.

Denominación: LMTS, CT Solvia e RBT para alimentar en BT a edificio en avda. de Asturias, nº 21.

Situación: concello de Foz.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, consistente en anelar o CT Solvia proxectado entre os CT Volconsa e Cabaleiro en conductor tipo RHZ-240 recuperado en obra (25 metros) e proxectado (225 metros).

– CT Solvia en avda. de Asturias, 21, en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección de trafo, cunha potencia proxectada de 800 kVA, unha potencia inicial de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– RBT do CT Solvia, con orixe no CT proxectado e final nas CXP do edificio a electrificar, cunha lonxitude de 10 metros cada unha, en condutor tipo RV-240.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta Xefatura Territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 27 de xuño de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo