Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2012 Páx. 29134

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 25 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012050AL-PO, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 4 de xuño de 2012 a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 2012050AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Adriana Fernández Yraola, propietaria do establecemento Cafetería Castelao.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Adriana Fernández Yraola o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para presentar recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avda. Fernández Ladreda, número 43, 1º, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte, e 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novacaixagalicia), do BBVA transacción 1316 NIF S1511001H e do Banesto, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 25 de xuño de 2012

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2012050AL-PO.

Denunciada: Adriana Fernández Yraola, con NIF 36109263-E, propietaria do establecemento Cafetería Castelao.

Último enderezo coñecido: avda. Castelao, 7, 36209 Vigo.

Feito imputado: supostas infraccións en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos:

Artigo 2, punto 2.2, do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

Artigos 3 e 5 e capítulo I, puntos 1, 2, 4 e 10, capítulo II punto 1, capítulo V, capítulo IX e capítulo XI do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Artigo 3, punto 5, artigo 7, punto 3, artigo 10, artigo 12 e artigo 14 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas.

Tipificación: infracción leve, segundo o artigo 51 punto 1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción imposta: seiscentos euros (600 €).