Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28886

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO de información pública sobre a construción de silos forraxeiros.

Procedemento de avaliación ambiental: trámite de avaliación ambiental.

Expte. R.E. nº 2651/2012.

Hermanos Cercedo, S.C. solicitou licenza municipal de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental, de conformidade co Decreto 133/2008, do 12 de xuño.

A actividade para a cal solicita licenza identifícase co rexistro de entrada nº 2651/2012, para proxecto construtivo de silos forraxeiros segundo o proxecto técnico asinado pola arquitecta técnio agrícola de Lugo, Isabel Arza Río, no lugar de Cercedo-parroquia de Parga, polígono 240, parcelas 442, 236, 237 e 238 concello de Guitiriz.

De acordo co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría Xeral, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretendan instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O prazo de exposición pública computarase desde a última das publicacións oficiais sinaladas.

Guitiriz, 13 de xullo de 2012

Xosé María Teixido Núñez
Alcalde