Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28887

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de información pública sobre a apertura de apartamentos turísticos dunha chave.

Promociones Bigamobe, S.L. e, na súa representación, Manuel Outón Estévez, solicitou licenza de apertura para o exercicio da actividade de apartamentos turísticos dunha chave a emprazar na rúa Pai Crespo, 30-32 Redondela (Pontevedra). De conformidade co disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días (20) hábiles, contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no último diario oficial en que se publique (Diario Oficial de Galicia ou Boletín Oficial da provincia).

Redondela, 20 de xuño de 2012

Javier Bas Corugeira
Alcalde