Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28888

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO de información pública sobre a ampliación de explotación de gando vacún na parroquia de Ponte.

David Ferradás Sánchez, en representación de Gandería Ponte, S.C., presentou neste concello solicitude de licenza para a ampliación (construción de edificación para destinala a cortes e instalacións complementarias e construción dunha balsa de xurro) de explotación de gando vacún, situada no predio 264, polígono 504, coa referencia catastral 36052G504002640000RX, no lugar de Sino, parroquia de Ponte (Silleda). En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente a exposición pública durante o prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Estará exposto no taboleiro de anuncios do concello e o expediente poderá consultarse no Departamento de Urbanismo deste concello os días laborables,das 9.00 ás 14.00 horas, todo iso para efectos de posibles reclamacións.

Silleda, 27 de xuño de 2012

Paula Fernández Pena
Alcaldesa presidenta