Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28889

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de información pública sobre licenza de obra e actividade para adega.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo que a mercantil Altos de Torona, S.L. solicita licenza de obra e de actividade para adega, que se realizará no barrio de Vilachán da parroquia de Tomiño, deste termo municipal, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo polo actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que consideren oportunas, presentándoas por escrito no Rexistro Xeral deste concello no prazo de vinte (20) días que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Tomiño, 13 de xullo de 2012

P.D. (Decreto do 11.7.2012)
Uxío Benítez Fernández
Concelleiro de Urbanismo e Facenda