Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28809

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, que modifica a Resolución do 29 de xuño de 2012 pola que se publica a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as de diversas categorías sanitarias e de xestión de servizos para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

En aplicación do disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que habilita as administracións públicas a rectificar en calquera momento os erros materiais, aritméticos ou de feito existentes nos seus actos, advertido erro nos resultados das listas de admitidos/as e excluídos/as nas categorías de enfermeiro/a e de enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061, publicadas pola Resolución do 29 de xuño de 2012 (DOG nº 131, do 10 de xullo de 2012) da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, en canto se incluíron nas súas áreas especiais aspirantes que non reunían os requisitos exixidos no número II.1.1. do vixente pacto de selección temporal, aprobado pola Resolución do 26 de abril de 2011 (DOG nº 89, do 9 de maio de 2011), acórdase publicar de novo as listas de admitidos/as e excluídos/as de enfermeiro/a e de enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061.

As novas listas que substitúen as publicadas pola Resolución do 29 de xuño de 2012, nas categorías de enfermeiro/a e enfermeiro/a da Fundación Pública do 061, publícanse na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no punto de emprego público, listas de contratación.

Coa publicación das novas listas de admitidos/as e excluídos/as nas categorías citadas, ábrense novos prazos de reclamación e recurso contados desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no DOG para as dúas categorías de enfermeiro e enfermeiro do 061.

A documentación acreditativa dos requisitos de acceso ás listas de enfermeiro/a e enfermeiro/a do 061 anteriormente citadas, e os erros materiais cometidos polas persoas aspirantes poderán ser emendados no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, así como tamén calquera outro erro material producido na publicación destas listaxes.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2012.

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde