Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28810

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2012, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se aproba a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as do concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario convocado por Resolución do 10 de maio de 2012 deste centro directivo.

Mediante resolución desta dirección do 10 de maio de 2012 (Diario Oficial de Galicia, nº 96, do 22 de maio) convocouse concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes e de conformidade coa base 11.1 da convocatoria, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluidos/as no concurso de traslados para a provisión de prazas básicas de persoal licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde, convocado pola Resolución do 10 de maio de 2012.

Segundo. As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as en cada unha das categorías/especialidades convocadas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base 11.2 da convocatoria as persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir á unidade de validación á cal dirixisen a solicitude de participación no concurso.

A estimación ou desestimación das emendas solicitadas entenderanse implícitas na resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as para participar neste concurso e que fará públicas as puntuacións e destinos provisionalmente asignados.

As persoas solicitantes que dentro do prazo indicado nesta resolución non emenden o/s defecto/s motivo da exclusión, serán definitivamente excluidas da participación neste proceso.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2012

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos