Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se anuncia a licitación para a contratación polo procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, do Servizo da Oficina Técnica para o Desenvolvemento da Televisión Dixital Terrestre en Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (80% de cofinanciamento).

A Secretaría Xeral de Medios, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar a contratación que se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: Servizo da Oficina Técnica para o Desenvolvemento da Televisión Dixital Terrestre en Galicia.

b) Nº de expediente: SER-4/2012.

c) Prazo de execución: doce meses.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto (non suxeito a regulación harmonizada).

4. Orzamento base de licitación: douscentos dezaoito mil euros (218.000 €), IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Lugar e prazo de presentación de proposicións:

a) Data límite de presentación das ofertas: quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio (ás 14.00 horas).

b) Lugar de presentación de proposicións:

– No Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

– Por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro (fax 981 54 12 89).

c) Documentación que deben presentar os licitadores: a exixida no prego de cláusulas administrativas particulares (número 9) e no prego de prescricións técnicas.

8. Obtención de documentación e información.

Nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais, sita na rúa do Hórreo, nº 61, 3ª planta, teléfono 981 54 43 81 e 981 54 58 74.

Así mesmo, tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17787

9. Apertura de proposicións.

Anunciaranse no perfil do contratante e comunicaranse aos licitadores a convocatoria das mesas públicas para a apertura dos sobres B e C.

O importe do anuncio relativo a esta contratación será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade ao asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2012

Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Medios