Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 28 de maio de 2012, da zona centro de Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa a Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. con destino á ocupación de instalacións existentes para subministración de combustible a embarcacións e execución de obras para adaptación ao R.D. 1562/1998 (ITC MI IP02) no porto de Malpica (expediente 12-19-12-C-1).

Estase a tramitar unha concesión administrativa con destino á ocupación das instalacións existentes para a subministración de combustible a embarcacións e execución de obras para adaptación ao Real decreto 1562/1998 (ITC MI IP02) no porto de Malpica, segundo o proxecto de construción de título proxecto de adaptación ao Real decreto 1562/1998 (ITC MI IP02) para a instalación de almacenamento e subministración de carburante a embarcacións pesqueiras, situada no porto de Malpica (A Coruña), asinado polo enxeñeiro técnico industrial Juan José Miralles Insa, con nº de colexiado 03578 e data de visado, polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Valencia, do 11 de abril de 2012.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da zona centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web: www.portosdegalicia.es/gl/documentacion/pregos-e-documentos.html

A Coruña, 28 de maio de 2012

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da zona centro de Portos de Galicia