Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 18 de maio de 2012, da zona centro de Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a tramitación dunha regularización de titularidade e modificación substancial da concesión administrativa outorgada a Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. para a instalación dun surtidor de gasóleo con tanque de 25.000 l no porto de Fisterra (expediente 12-32-63-C-1).

Estase a tramitar unha regularización de titularidade e modificación substancial da concesión administrativa por incremento de superficie concesional, outorgada a Repsol Combustible Petrolíferos, S.A. no porto de Laxe, segundo o proxecto de construción de título proxecto de adaptación ao Real decreto 1562/1998 (ITC MI IP02) para a instalación de almacenamento e subministración de carburante a embarcacións pesqueiras, situada no porto de Fisterra (A Coruña), asinado polo enxeñeiro técnico industrial Juan José Miralles Insa, con nº de colexiado 3578.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da zona centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web: www.portosdegalicia.es/gl/documentacion/pregos-e-documentos.html

A Coruña, 18 de maio de 2012

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da zona centro de Portos de Galicia