Estase a tramitar unha modificación substancial da concesión administrativa por incremento de superficie concesional, outorgada a Repsol Combustible Petrolíferos, S.A. no porto de Laxe, segundo o proxecto de construción de título proxecto de adaptación ao Real decreto 1562/1998 (ITC MI IP02) para a instalación de almacenamento e subministración de carburante a embarcacións pesqueiras, situada no porto de Laxe (A Coruña), asinado polo enxeñeiro técnico industrial Juan José Miralles Insa, con nº de colexiado 3578.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da zona centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web: www.portosdegalicia.es/gl/documentacion/pregos-e-documentos.html
A Coruña, 18 de maio de 2012
Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da zona centro de Portos de Galicia