Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2012 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, da contratación do servizo de limpeza do Pazo de Amarante, sede do Consello Consultivo de Galicia, do Consello Económico e Social e do Consello Galego de Relacións Laborais.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consello Consultivo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do Consello Consultivo de Galicia.

Enderezo: rúa Algalia de Abaixo, 24, 15704 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 55 21 10, fax: 981 58 33 15.

2. Obxecto de contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza do Pazo de Amarante.

3. Orzamento do contrato: 94.400,00 euros.

Exercicio 2012: 19.666,67 euros.

Exercicio 2013: 47.200,00 euros.

Exercicio 2014: 27.533,33 euros.

4. Prazo de vixencia: dous anos, prorrogable.

5. Fianzas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5% do orzamento de adxudicación.

6. Clasificación do contratista: grupo U, subgrupo 1, categoría A.

7. Presentación de propostas.

a) Lugar: Rexistro Xeral do Consello Consultivo de Galicia, Pazo de Amarante, 2º andar, rúa Algalia de Abaixo, 24, 15704 Santiago de Compostela.

b) Prazo: comezará o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no DOG e terminará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas; se o último día for inhábil prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en tres sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores: os licitadores presentarán a documentación especificada nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

9. Modelo de proposición económica: o que figura como anexo III no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: todos os interesados poderán consultalos na Secretaría Xeral do Consello Consultivo de Galicia, tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17712

11. Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas do Consello Consultivo de Galicia ás 11.00 horas da data que será anunciada con antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

12. Anuncios: os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2012

Mª Teresa Conde-Pumpido Tourón
Presidenta do Consello Consultivo de Galicia