Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a contratación da subministración de bens de forma sucesiva e por prezo unitario mediante acordo marco con procedemento aberto e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios cuxa cuantificación depende de xuízos de valor, para a adquisición de material funxible para bombas volumétricas e de xiringa (MS-EIC1-12-001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúdem Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña. Paseo General Sir John Moore, 2, 1ª planta, 15001 A Coruña, teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

b) Correo electrónico: Contrataciones.CHUAC@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información: 6 de agosto de 2012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de material funxible para bombas volumétricas e de xiringa.

c) División por lotes e número de lotes: existen dous lotes.

d) Lugar de execución/entrega: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a entrada en vigor do contrato.

f) Admisión de prórroga: si. A duración do contrato, incluídas as prórrogas, non superará os 48 meses.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

h) CPV: 33194110-0.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

a) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento sen IVE: 1.241.930,00 euros.

b) IVE: 99.354,40 euros.

c) Importe co IVE: 1.341.284,40 euros.

5. Garantías esixidas:

Provisional: non.

Definitiva: si, cinco por cento do valor estimado dos contratos derivados do acordo marco, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 6.8.2012.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integral da Coruña, Hospital Abente y Lago.

2. Domicilio: Paseo General Sir John Moore, nº. 2, 2ª Planta.

3. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Admisión de variantes: non se admiten.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas:

a) Dirección: sala de xuntas do Hospital Abente y Lago, planta segunda edificio antiga Xerencia de Atención Primaria de A Coruña, Paseo General Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Data e hora: a data de realización de apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

9. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios. Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 6 de abril de 2012.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29 de xuño 2012.

A Coruña, 19 de xuño de 2012

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada de A Coruña