Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 4 de xullo de 2012 polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente IN421D/10R05569 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázanse os interesados indicados no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director do Instituto Enerxético de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2012

Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Expediente: IN421D/10R05569.

Interesado: Alberto Cochón Peón.

Acto que se notifica: resolución de arquivo.

Expediente: IN421D/10R08005.

Interesado: Santi Cancelas Costa.

Acto que se notifica: resolución de arquivo.

Expediente: IN421C/10R06976.

Interesada: Mª Carmen Abuín Regenjo.

Acto que se notifica: resolución de arquivo.

Expediente: IN421D/10R05375.

Interesado: Óscar Sampedro Martín.

Acto que se notifica: resolución de arquivo.