Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e ordinario, da contratación en réxime de concesión de ocupación de dominio público da xestión dunha oficina bancaria e dun caixeiro automático para o Hospital Clínico Universitario (AB-EIS1-12-036).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Hospital Clínico Universitario. Servizo de Contratación Administrativa.

2) Enderezo: A Choupana, s/n.

3) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 981 95 02 60.

5) Telefax: 981 95 09 85.

6) Correo electrónico: susana.carro.varela@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: AB-EIS1-12-036.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: concesión de dominio público.

b) Descrición: contratación en réxime de concesión de ocupación de dominio público, da xestión dunha oficina bancaria e dun caixeiro automático para o Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1. Domicilio: Complexo Hospitalario Universitario-A Choupana, s/n.

2. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

e) Prazo de execución/entrega: catro anos contados desde o día de posta en funcionamento, de conformidade, da oficina bancaria e do correspondente caixeiro.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura):

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver pregos.

4. Canon base de licitación:

Importe total: 14.640 euros.

5. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non.

Definitiva: 3.000 €.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría), se é o caso:

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos:

d) Contratos reservados: non.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: ver pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

2) Enderezo: A Choupana s/n.

3) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

4) Enderezo electrónico: susana.carro.varela@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido):

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario.

b) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: ver pregos.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2012

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela