Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28750

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portomarín

ANUNCIO de información pública sobre licenza para construción de corte.

Solicitada a licenza de legalización do proxecto de construcións de corte para gando vacún de leite, que se instalará en San Roque-Portomarín, sometida a avaliación de incidencia ambiental, por Jaime Lamela Corral, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliacion de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública por termo de vinte días hábiles –mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia– que empezarán a contar desde o día seguinte ao da última inserción, para que, os que se vexan afectados dalgún modo pola dita actividade, presenten as observacións ou reclamacións que consideren pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Portomarín, 27 de xuño de 2012

Juan C. Serrano López
Alcalde