Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28751

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle da unidade de execución número 13 (U-13) do PE-1, apertura da rúa de Belvís.

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o día 31 de maio de 2012, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle da unidade de execución U-13 (apertura rúa de Belvís, PU-5) do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica, segundo o documento reformado redactado polo arquitecto Alfredo Varela Nogueira e presentado por Prosuayber, S.L. con data do 26 de abril de 2012, coa condición de que no que atinxe á composición dos ocos da planta semisoto, muros de peche de parcela e tratamento do espazo libre privado, a solución proposta no estudo de detalle enténdese como indicativa, habendo de concretarse no futuro proxecto de obras, de acordo cos criterios sinalados no informe do director xeral de Patrimonio Cultural e cos que se indiquen pola Comisión Asesora do Patrimonio Histórico.

O presente acordo notificarase persoalmente aos interesados e publicarase no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data do 11 de xuño de 2012, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

De acordo co sinalado no artigo 92.2 da citada lei, publicouse no Boletín Oficial da provincia número 121, do 27 de xuño de 2012 o texto íntegro da normativa.

Contra este acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2012

Ángel Currás Fernández
Alcalde