Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28752

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO polo que se somete a información pública a aprobación do Plan especial para a determinación de aliñacións e rasantes no viario BAR-0311 no núcleo de Mosteiro-Barrantes.

Por Decreto desta alcaldía do 2 de xullo de 2012 e de conformidade co disposto no artigo 72.2 da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da LOUG, foi aprobado o Plan especial para a determinación de aliñacións e rasantes no viario BAR-0311 no núcleo de Mosteiro-Barrantes.

En virtude do recollido no artigo 87.5 do mesmo corpo legal que remite ao artigo 86.2 tamén da Lei 2/2010, do 25 de marzo, o referido Plan especial de contido limitado exponse ao público na Secretaría do concello durante o prazo de vinte días a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; poderanse presentar reclamacións ou alegacións no mesmo prazo. Igualmente o presente anuncio publicarase nun xornal de tirada provincial.

Tomiño, 5 de xullo de 2012

Sandra González Álvarez
Alcaldesa