Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28749

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre actividades suxeitas a avaliación de incidencia ambiental (expediente aperturas 2012000697).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo que Mª Pilar Bernárdez Castro solicita licenza de obra e apertura para consultoría laboratorio vinícola-vitivinícola no local sito en rúa Poeta Manuel Antonio, nº 2 baixo, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo pola actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que consideren oportunas, presentándoas por escrito no Rexistro Xeral deste Concello, no prazo de 20 días desde a inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

Ourense, 12 de marzo de 2012

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde