Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28748

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guntín

EDICTO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza municipal para construción de nave para gando vacún de carne.

Carlos López Castro solicita desta Alcaldía licenza municipal para construción de nave para gando vacún de carne, fosa de xurro e oficina, que se situará en Cimadevila-A Mota. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, coa fin de que durante este tempo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Guntín, 11 de xullo de 2012

Jesús Carreira Ferreiro
Alcalde