Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28747

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coles

ANUNCIO de información pública sobre a convocatoria para a provisión dunha praza de oficial de servizos varios.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense, nº 143, do 23 de xuño de 2012, publicáronse integramente as bases e a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso, dunha praza de oficial de servizos varios vacante no cadro de persoal laboral deste concello.

O prazo de presentación de instancias para participar no concurso será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no taboleiro de anuncios deste concello.

Coles, 25 de xuño de 2012

Manuel Rodríguez Vázquez
Alcalde