Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28746

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

EDICTO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza municipal para a legalización dunha nave para granxa de visóns.

Lois Gómez Rogelio e José Manuel, S.C. solicitou nesta alcaldía licenza de actividade para a legalización dunha nave para preparación e almacenaxe de comida para unha granxa de visóns existente en Pedreira, Luaña. En cumprimento do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de 20 días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no DOG, coa finalidade de que durante este as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, nas oficinas deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Brión, 6 de xullo de 2012

José Luis García García
Alcalde