Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28699

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1096/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 1096/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Calviño Abeijón contra a empresa Nor Clima y Ventilaciones de Galicia, S.L., Norclisa Clima y Seguridad Integral, S.L., Nor Seguridad y Contraincendios de Galicia, S.L. (Nor Seguridade) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que estimando integramente a demanda formulada por María José Calviño Abeijón asistida pola letrada Sra. Vidal García contra a entidade Nor Seguridad y Contraincendios de Galicia, S.L., Nor Clima y Ventilaciones de Galicia, S.L., Norclisa Clima y Seguridad Integral, S.L. e o Fogasa, que non comparecen ao acto de xuízo, debo condenar e condeno solidariamente as demandadas Nor Seguridad y Contraincendios de Galicia, S.L., Nor Clima y Ventilaciones de Galicia, S.L., Norclisa Clima y Seguridad Integral, S.L. ao pagamento á demandante da suma de 6.885,62 euros, con aplicación do disposto no artigo 33 do ET en canto á posible responsabilidade subsidiaria do Fogasa, suma que se deberá incrementar cos xuros moratorios pertinentes.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e e advírtaselles que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Carlos Gayo Lemos, xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Nor Clima y Ventilaciones de Galicia, S.L., Norclisa Clima y Seguridad Integral, S.L., Nor Seguridad y Contraincendios de Galicia, S.L. (Nor Seguridade), expido este para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2012

A secretaria xudicial