Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2012, de adxudicación provisional da oficina de farmacia código B1, zona farmacéutica O Barco de Valdeorras, delimitación territorial O Barco (San Amaro) no concurso público de adxudicación convocado pola Resolución do 29 de decembro de 2006, da Secretaría Xeral Técnica desta consellería.

Por Resolución do 3 de maio de 2012 (DOG núm. 87, do 8 de maio), esta secretaría xeral técnica adxudicou provisionalmente as oficinas de farmacia que resultaron vacantes tras o remate da primeira fase do concurso de adxudicación convocado pola Resolución do 29 de decembro de 2006.

Na dita resolución adxudicábase a oficina con código B1, correspondente á área sanitaria do Barco, zona farmacéutica O Barco de Valdeorras, delimitación territorial O Barco (San Amaro) a Ricardo Taboada Arjona.

O Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña puxo en coñecemento da Consellería de Sanidade circunstancias sobrevidas que obrigan a unha nova adxudicación provisional da dita oficina de farmacia.

Por todo o exposto, esta secretaría xeral técnica

RESOLVE:

1. Adxudicar provisionalmente a oficina de farmacia con código B1, correspondente á área sanitaria do Barco, zona farmacéutica O Barco de Valdeorras, delimitación territorial O Barco (San Amaro) a Mª Lourdes Álvarez Fernández.

2. Ordenar a publicación desta resolución, que se exporá tamén nos taboleiros de anuncios da Consellería de Sanidade, nos das súas xefaturas territoriais, e que poderá consultarse na páxina oficial da Consellería de Sanidade (www.sergas.es).

Esta resolución non pon fin á vía administrativa e poderase interpor contra ela un recurso de alzada no prazo dun mes perante a conselleira de Sanidade, conforme o disposto no artigo 114.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, e o disposto na disposición adicional terceira número 3 do Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, cerramento e transmisión de oficinas de farmacia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2012

Antonio Fernández-Campa García Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade