Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 22 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012007AL-PO por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 2 de maio de 2012, o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador 2012007AL-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a María Fernanda Grandes Santos, Tienda Pepita 24 horas.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a María Fernanda Grandes Santos, Tienda Pepita 24 horas, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de quince (15) días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, ou en Caixanova, Recadación Xunta, modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2012

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2012007AL-PO.

Denunciada: María Fernanda Grandes Santos. Tienda Pepita 24 horas.

DNI/CIF: 76990438-P.

Último enderezo coñecido: rúa Lorenzo de la Carrera 2, 36300 Baiona.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 51, punto 2, da Lei 17/2011; artigo 2.3.4 e artigo 5 do Real decreto 1945/1983; artigos 14, 18 e 19 do Regulamento (CE) 178/2002; artigos 3 e 5 e capítulo IX, puntos 1 e 2, do anexo II ao Regulamento (CE) 852/2004; artigo 6, punto 4, do Real decreto 1801/2003; artigo 5 do Real decreto 1334/1999.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 5.001 €.