Con data do 1 de xuño de 2012 o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE ditou resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación, non foi posible practicala por vir devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, en aplicación do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede a súa notificación por medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello do último domicilio coñecido e no Diario Oficial de Galicia.
A resolución completa poderá ser examinada na Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, rúa dos Feáns, 5, baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, cabe trámite de audiencia nun prazo de 10 días de acordo co artigo 76.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2012
Jesús María Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
ANEXO
Expediente de cancelación de inscrición no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento: PR 805 A 2005/127-0 ONGD nº 122.
Destinatario da notificación: Asociación Inmigrantes e Emigrantes Retornados Asimes.
Representante legal: Emilio José Conde Graña.
CIF/NIF nº: G36478063.
Último enderezo coñecido: praza Juan Bautista Alonso 6, baixo, 36780 A Guarda.
Data da resolución: 1 de xuño de 2012.
Sentido da resolución: iniciación cancelación inscrición no Rexistro Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.