Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 26 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, polo que se notifica a resolución do inicio do procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.

Con data do 1 de xuño de 2012 o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE ditou resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación, non foi posible practicala por vir devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, en aplicación do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede a súa notificación por medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello do último domicilio coñecido e no Diario Oficial de Galicia.

A resolución completa poderá ser examinada na Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, rúa dos Feans, 5, baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, cabe trámite de audiencia nun prazo de 10 días de acordo co artigo 76.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2012

Jesús María Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Expediente de cancelación de inscrición no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento: PR 805ª 2008/20-0 ONGD nº 178.

Representante legal: Víctor Méndez Martínez.

Destinatario da notificación: Asociación Atakür

CIF/NIF nº: G82078767.

Último enderezo coñecido: mosterio de Bergondo 12, 7º D, 15010 A Coruña.

Data da resolución: 1 de xuño de 2012.

Sentido da resolución: iniciación cancelación inscrición no Rexistro Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.