Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28478

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1255/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 1255/2011, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e ditame é do teor literal seguinte:

«Na Coruña, 23 de maio de 2012. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) desta cidade, os autos número 1255/2011, promovidos por instancia de José Manuel Cardelle Arias, representado pola súa letrada Sra. Vázquez Méndez, e contra a empresa Comercial Soferpe, S.L., que non comparece no acto do xuízo e o Fogasa, que non comparece; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando a demanda formulada por José Manuel Cardelle Arias, representado pola súa letrada Sra. Vázquez Méndez, e contra a empresa Comercial Soferpe, S.L., que non comparece no acto do xuízo, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 2.096,38 euros no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 ET. Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que en virtude do artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, contra ela non cabe ningún recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Comercial Soferpe, S.L. expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xuño de 2012

A secretaria xudicial